GAÑADORES DO XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR
O xurado da XVIII edición do Certame Literario de Piñor , outorgou os seguintes premios:
*Na categoría A (participantes de 17 a 30 anos),
-1º premio, Teresa Fernández Navarro, de Ourense, pola obra “Ben recibido sexa o ben”;
-2º premio, Rocío Leire Castro, de Cée (A Coruña), pola obra “Andoriña emigrante”
-3º premio, Antón Vázquez Rúa, de Vigo, pola obra “Viaxe á lembranza”.
*Na categoría B (participantes de 12 a 16 anos),
-1º premio, Javier Rivas Rodríguez, de Ferrol, pola obra “Os catro papiros”;
-2º premio, Alba Quintáns González, de Bande, pola obra “Adrián Dumas”
-3º premio, Sandra Carrasco Álvarez, de Barbadás, pola obra “O colgante decisivo da morte de Ánxela Prado”.
*Na categoría C (participantes ata 11 anos),
1º premio, María Yáñez Carrasco, de Ourense, pola obra “O saxofón e os sete bemoles”;
2º premio, Diego Carrasco Álvarez, de Barbadás, pola obra “O granxeiro desesperado”
3º premio, Helena Losada González, de Baños de Molgas, pola obra “A festa de disfraces”.
A entrega dos galardóns terá lugar o vindeiro domingo, Día das Letras Galegas, dende as 19:00 h., nun acto que se celebrará no Teatro Principal de Ourense e que contará co acompañamento musical das escolas de gaitas de Piñor e Molgas, así como da banda de música do concello de Barbadás.
Esta velada clausurará as "XVIII Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia", organizadas pola A. C. Música e Cultura de Galicia.