| |
RESUMO DA ASAMBLEA 2009 DA A. C. MUSICA E CULTURA DE GALICIA, celebrada o 18 de abril de 2009, no salón de actos do IES da Farixa.
noticias
|
|
|
01.- Actividades máis importantes levadas a cabo durante o 2008:
- Escola de música na Farixa;
- XVII Xornadas de Exaltación das Letras e a Música de Galicia, organizadas coa colaboración da Asociación Xuvenil Xoves Amigos, e con tres días de actividades en A Farixa, Piñor e o Teatro Principal;
- XXX homenaxe ás bandas de música populares, celebrada en Compostela;
- Festival de bandas de música "Homenaxe a Felisindo Pérez Seara";
- Celebración da I Festa da Música Popular, organizada coa colaboración das asociacións As Viñas de San Cibrao da Música e Xuvenil Xoves Amigos, e con actividades gastronómicas, musicais e deportivas;
- Concerto de Nadal no Teatro Principal de Ourense no que participaron diversos grupos da nosa asociación;
- Sostemento e actualización continua da nosa páxina web www.musicabarbadas.com
- Numerosas actuacións dos nosos grupos por diversos puntos de España e Portugal.
02.- Actividades máis importantes que levaremos a cabo no 2009:
- Escola de música na Farixa, con aumento de disciplinas dende setembro;
- XVIII Xornadas de Exaltación das Letras e a Música de Galicia, organizadas coa colaboración da Asociación Xuvenil Xoves Amigos;
- II Festa da Música Popular, organizada coa colaboración das asociacións As Viñas de San Cibrao da Música e Xuvenil Xoves Amigos, que se celebrará un domingo de setembro ou outubro, aínda por determinar;
- Concerto de Nadal no Teatro Principal de Ourense, a levar a cabo o domingo 13 de decembro;
- Participación no “123 Certamen Internacional de bandas de música Ciudad de Valencia", na primeira semana de xullo;
- varias viaxes culturais para alumnos e socios;
- Sostemento e actualización continua da nosa páxina web www.musicabarbadas.com;
- Publicación da revista: "Fervenza da cultura", que xa leva varios meses na imprenta;
- Numerosas actuacións dos nosos grupos por diversos puntos de España e Portugal.
- No presente ano, estamos impartindo clases de música tradicional, subvencionadas pola Deputación, no local da asociación de veciños da Valenzá. Esas clases abarcan o mundo da gaita, das cantareiras pandeireteiras e da percusión tradicional e levámolas a cabo os xoves dende as 19,30 ás 21,30 h. Impartímolas gratuitamente, polo que convidámosvos, ós que teñades tempo, a que participedes nese proxecto como complemento da actividade que xa realizades na Farixa durante a fin de semana.
03.- Estado de contas:
Expuxéronse os ingresos e gastos por partidas durante o 2008 e as subvencións dese ano concedidas e pendentes de cobrar; tamén os ingresos e gastos do exercicio 2009 xa reflectidos na contabilidade; tamén as subvencións do ano 2009, pendentes de seren cobradas.
Expuxéronse as actuacións pendentes de cobrar pola nosa asociación e os bens que ten a asociación en instrumental, vestiario e outros; así como as subvencións solicitadas e non concedidas durante o 2008 e as subvencións recibidas durante 2008 de carácter privado.
04.- Financiamento da asociación e política de austeridade.
Para intentar achegarnos á viabilidade económica do noso proxecto, acordouse seguir unha política de austeridade, onde o gasto sexa o mínimo posible dentro da normalidade e do respecto ós soldos por clases para profesores e ás asignacións como indemnizacións por actuacións que xa foran aprobadas anteriormente para os nosos músicos. Sen embargo evitarase todo tipo de gastos superfluos e tamén intentarase incrementar as partidas que supoñen ingresos. Ademais das subvencións e das cotas dos socios/alumnos e dos socios/ordinarios que se reciban, acordouse que os diferentes colectivos musicais da nosa asociación, continúen deixando para fondos entre o 10% e o 15% do ingreso que se leve a cabo por cada actuación.
No presente ano, seguirase mantendo tamén o máximo importe a percibir por un músico da nosa asociación en 60 euros por actuación e o límite mínimo de percepción por actuación dun músico, agás as que se leven a cabo gratuitamente, será de 15 euros.
05.- Clases de socios e novas cotas.
Clases de socios: socios ordinarios e socios alumnos.
Socios ordinarios (colaboradores/protectores, músicos que non reciben clases de música, profesores e majorettes) e socios/alumnos (todos os que reciben clases de música). Os socios ordinarios contribúen á solvencia económica da asociación, danlle vida e dinamismo á mesma, aportan as súas ideas e iniciativas, porque teñen voz e voto na asemblea. Acordouse facilitarlle vantaxes de lecer ós nosos socios ordinarios, con descontos importantes nas diferentes actividades gastronómicas e recreativas que levemos a cabo. Acordouse que a cota anual de socio ordinario a partir de xaneiro de 2010 sexa de 25 euros ó ano, seguindo mentres tanto, durante o 2008, a cota anual en 20 euros. Acordouse que a partir do próximo curso (ou sexa dende o 1 de setembro de 2009, a cota por socio/alumno sexa de 7,50 euros ó mes por unha especialidade e linguaxe musical e de 4 euros máis ó mes por cada especialidade na que o socio/alumno estea apuntado a maiores. As cotas seguirán cobrándose por cuadrimestres e no primeiro mes de cada cuadrimestre, non sendo estas divisibles. Os cuadrimestres son: 1º.- De setembro a decembro. 2º.- De xaneiro a abril. 3º.- De maio a agosto. Acordouse que os recibos da escola de música que sexan devoltos impagados pola entidade bancaria e por causas imputables ó alumnado, ou os recibos que se teñan que descontar en actuacións ou doutro xeito por non querer o alumno pagalos mediante o ingreso na conta da asociación, a partir do 3º cuadrimestre deste curso (ou sexa dende maio 2009), cobraranse cun recargo de 5 euros por cada recibo cuadrimestral devolto pola Caixa Galicia ou que non sexa abonado mediante o ingreso na conta da nosa asociación, dado os numerosos gastos e encordios que estes recibos xeran.
|
|
|
|
|