Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
XVIII XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA.
noticias

Como vén sendo habitual nos 18 últimos anos, a asociación cultural Música e Cultura de Galicia e a asociación xuvenil Xoves Amigos do Concello van levar a cabo no mes de maio unhas xornadas de exaltación das letras e a música de Galicia.

O programa de actividades destas xornadas nesta ocasión, é o seguinte:

-Domingo, 10 de Maio de 2009, ás 18h., na Colexiata de Xunqueira de Ambía:

Cantareiras de Música e Cultura de Galicia
Banda Infantil de Música e Cultura de Galicia

-Martes, 12 de Maio de 2009, ás 20h., na Asociación de Veciños San Pío X de Mariñamansa:

Grupo de Guitarras "Cordas Bravas"
Grupo de Saxos "Folgos Novos"

-Domingo, 17 de maio de 2009, ás 19h., no Teatro Principal de Ourense:

Grupo de música e movemento de Música e Cultura de Galicia
Escolas de gaitas de Piñor e Molgas
Entrega de premios do XVIII Certame Literario de Piñor
Banda de Música do concello de Barbadás.

O prazo para presentar algunha obra ó XVIII Certame Literario de Piñor na especialidade de contos, remata o 8 de maio, ás 15:00h.
Establecéronse tres categorías (Ata 11 anos; de 12 a 16 anos; e de 17 a 30 anos), premiándose os tres mellores relatos en cada unha delas.
Cada premio constará dun diploma, diversos agasallos e un lote de libros.
Os contos estarán escritos en galego e a extensión e temática dos mesmos serán libres.

A entrega dos premios terá lugar o domingo, 17 de maio do 2009, nun acto que se celebrará dende as 19:00 h., no Teatro Principal da cidade de Ourense.


Escrito por Justo, el Lunes, 27 de Abril 2009
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal