Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
Bases do XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR
noticias
Bases do XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR
 As asociacións Música e Cultura de Galicia e Xoves Amigos do Concello, convocan o XVIII Certame Literario de Piñor na especialidade de contos.
 1.- Establécense tres categorías, premiándose os tres mellores relatos en cada unha delas. -Categoría A para participantes de 17 a 30 anos. -Categoría B para participantes de 12 a 16 anos . -Categoría C para participantes ata 11 anos.  Cada premio constará dun diploma, diversos agasallos e un lote de libros.
 
2- Os contos estarán escritos en galego e a extensión e temática dos mesmos serán libres, non debendo estar xa editados noutros libros ou publicacións. 

3.- Os traballos enviaranse por correo ordinario á sede social da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia (R/Requeixo, 70. 32930. San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: PARA O XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR. 

4.- Xunto cos traballos, os participantes deberán envia-los seus datos nun sobre no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que se participa. Dentro del, figurará o nome e apelidos do autor, idade, enderezo e número de teléfono. O prazo de admisión pecharase o venres, 8 de maio, ás 15:00 h.

 5.- O xurado compoñerano persoas de recoñecida solvencia nos eidos do ensino e a literatura. O fallo será inapelable e a entrega dos premios terá lugar o domingo, 17 de maio do 2009, nun acto que se celebrará dende as 19:00 h., no Teatro Principal da cidade de Ourense e que contará coa animación musical das escolas de gaitas de Piñor e Molgas e a banda de música do concello de Barbadás. 

6.- Os orixinais premiados non serán devoltos ós seus autores, reservándose os organizadores o dereito de publicalos. Os demais traballos poderán ser solicitados mediante chamada telefónica ó número 609 811 129 (número no que se facilitará tamén todo tipo de información sobre este certame). 

7.- A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ó xurado. O feito de presentaren as súas obras supón a conformidade dos participantes coas presentes bases.  Ourense, 15 de marzo de 2009

Escrito por Justo, el Lunes, 16 de Marzo 2009
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal