Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
CRÓNICA DO CONCERTO DE NADAL 2008
noticias

Na tarde do sábado, 13 de decembro, nun Teatro Principal totalmente abarrotado, Música e Cultura de Galicia levou a cabo unha magnífica mostra musical do traballo que realizou durante o ano 2008 nas instalacións do IES da Farixa de Ourense.

A asociación cultural decidiu dedicarlle ós pais e titores do seu alumnado o concerto que interpretaron varios grupos da súa organización.  Diversas autoridades públicas dos ámbitos político, educativo e relixioso, acompañaron ós participantes no evento. Entre todas elas, salientámo-la presenza de don Miguel Reza, director do IES da Farixa; don Miguel Quinteiro, bispo da Diócese de Ourense; e de don José Luís Baltar, presidente da Deputación Provincial. 


Por orde sucesiva pasaron polo escenario o grupo de música e movemento da escola de música, as cantareiras, o grupo de guitarras Cordas Bravas, a sección de gaitas, a banda infantil da asociación e a banda de música do concello de Barbadás, que a nivel musical constitúe o buque insignia de Música e Cultura de Galicia.


O numeroso público asistente premiou con prolongados aplausos a brillante actuación dos integrantes da asociación e saíu con evidentes ganas de non perderse o próximo festival que leve a cabo a nosa agrupación. Quédanos, por tanto, a agradable sensación que deixa o traballo ben feito.


Escrito por Justo, el Jueves, 12 de Febrero 2009
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal