| |
II FESTA DA VECIÑANZA (A VALENZÁ 2008)
noticias
|
|
|
II FESTA DA VECIÑANZA (A VALENZÁ 2008)
*Sábado, 18/10/2008
-Campionato de dardos na cafetería Kibú. Información na citada cafetería.
-Campionato de subastado na cafetería Meigas. Información na citada cafetería.
*Domingo, 19/10/2008
-Xantar de confraternidade veciñal, no patio cuberto do Colexio Filomena Dato, ás 14:30 h. (empanada, polbo á feira, carne ó caldeiro, bica, pan e viño do país, refrescos e café). Por xentileza da Deputación de Ourense, o xantar estará amenizado pola Charanga dos Escachapeitos e a Banda de Gaitas Frouma. Durante a comida levarase a cabo un sorteo gratuíto dunha cesta de productos doados por Mercadona. Prezo do xantar: 19 euros. Retirada de billetes para participar nesta comida, contactando co presidente da asociación Ramiro Neira, antes do 15 de outubro de 2008.
-Dende as 18:30 horas, baile popular, de entrada libre e gratuíta, amenizado pola afamada orquestra Capitol.
ORGANIZA: Asociación de Veciños A Valenzá en Acción.
COLABORAN: Excma. Deputación de Ourense. Ilmo. Concello de Barbadás. Colexio Público Filomena Dato. Negocios da Valenzá.
|
|
|
|
|