Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
UNHA ANÉCDOTA NAS FESTAS DE CABEZA DE VACA

UNHA ANÉCDOTA NAS FESTAS DE CABEZA DE VACA

Cando os membros da comisión de festas de Cabeza de Vaca, localidade na que aínda hai bastantes casas no solar municipal de Barbadás, se achegaron pola Casa Consistorial dese Concello para interesarse pola nosa banda de gaitas (Frouma de Piñor), non só non lla concederon, como ben sendo habitual nos tres últimos anos con tódolos nosos colectivos musicais, senón que tan sequera lle quixeron facilitar -aínda que llo pediron-, o xeito de contactar cos responsables da asociación. Por suposto que están en todo o seu dereito, pero qué memoria tan fráxil teñen. Qué pronto se esqueceron de tantos servizos -moitos deles desinteresados-, prestados pola nosa entidade durante tantos anos.


 Continua

UNHA ANÉCDOTA NAS FESTAS DE BENTRACES

UNHA ANÉCDOTA NAS FESTAS DE BENTRACES

¡Menos mal que estaban libres os músicos de Lobios, aínda que para a ocasión disfrazáronos de músicos da Banda Municipal de Barbadás! Bentraces estivo a punto de quedarse sen banda, porque unha responsable política díxolles ós da comisión que “a banda de música do concello de Barbadás se desfixera fai tempo”. ¡Hai que estar un pouco máis na onda! Que alguén lle diga ás responsables municipais de cultura e xuventude, un tanto despistadas no que vai de lexislatura, que entren en www.musicabarbadas.com para que se decaten do viva que afortunadamente está a nosa banda. ¡O exilio non é a morte, mal que lles pese!

 Continua

MARABILLOSA VELADA CELEBRADA NO TEATRO PRINCIPAL

MARABILLOSA VELADA CELEBRADA NO TEATRO PRINCIPAL

O pasado domingo, tivo lugar a clausura das XIX Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia, organizadas polas nosas asociacións. Extraordinaria resultou a interpretación das bandas de gaitas Frouma e de música do concello de Barbadás, así como das cantareiras e do grupo de guitarras Cordas Bravas, que arrincaron intensos aplausos do público, que unha vez máis respondeu magnificamente á nosa chamada. Contra todo prognóstico fomos quen de vencer á tentadora praia e ós interesantes partidos do campionato do Mundo de fútbol.

Ben os directores dos grupos (Iria, Bea e Jose); ben todos os músicos que constituían os

 Continua

VELADA CULTURAL NO TEATRO PRINCIPAL, CON ENTREGA DE PREMIOS.

VELADA CULTURAL NO TEATRO PRINCIPAL, CON ENTREGA DE PREMIOS. O próximo domingo, 27 de xuño, dende as 20:00 h., no Teatro Principal de Ourense, terá lugar a clausura das XIX Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia.

 Continua

Concerto de Alumnos na Farixa

Onte celebramos concerto de alumnos nun salón de actos do Instituto da Farixa, cheo a rebentar. Tivemos intérpretes de tódalas idades, dende rapaces de curta idade a xubilados; todos desbordando concentración, interese e ilusión. Brindáronos varias

 Continua

ASEMBLEA XERAL 2010 DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

ASEMBLEA XERAL 2010 DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

Celebrouse o sábado, 24 de abril de 2010, dende as 20:00 h. no salón de actos do Centro Integrado da Formación Profesional da Farixa.

ORDE DO DÍA:

1º.- A tesoureira expuxo as contas do 2009 e realizou tamén unha exposición das contas do 2010 ata o día da asemblea.

2º.- O presidente realizou un amplo resumo das actividades máis importantes levadas a cabo no 2009 e das que están previstas ou levándose xa a cabo no 2010.

Actividades máis importantes levadas a cabo durante o 2009:

-ESCOLA PROVINCIAL DE MÚSICA NA FARIXA
-CURSO DE MÚSICA NO LOCAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA VALENZÁ
-NUMEROSAS ACTUACIÓNS COS GRUPOS MUSICAIS Ó NOSO CARGO EN FESTAS E FESTIVAIS.
-PARTICIPACIÓN NO 123 CERTAME INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA “CIDADE DE VALENCIA”
-ORGANIZACIÓN DAS XVIII XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA E DO XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR.
-ORGANIZACIÓN DA II FESTA DA MÚSICA POPULAR
-FESTIVAL DE NADAL NO TEATRO PRINCIPAL
-ACTUALIZACIÓNS E MANTEMENTO DA PÁXINA WEB: wwwmusicabarbadas.com


Actividades máis importantes durante o 2010:

 Continua

Ó LORO

Ó LORO

(Nota da directiva da asociación que se lle fixo chegar ós socios no transcurso da asemblea anual celebrada o sábado, 24 de abril de 2010)

Dada a vital importancia que teñen as subvencións na vida e futuro da nosa agrupación, non nos parece de recibo, nin tan sequera honrado, que un dos grupos políticos da oposición na Deputación Provincial estea por sistema criticando e obstaculizando as subvencións que se nos conceden, así coma o noso labor social, educativo e cultural, sobre todo porque non se lle pode achacar ignorancia da nosa traxectoria, pois a coñecen perfectamente e saben que os nosos programas e proxectos, ademais de innovadores, laboriosos e francamente efectivos, contan coa participación de moita xente, o que non autoriza a pensar, e menos a falar negativamente sobre nós a ninguén que teña unha visión medianamente obxectiva.

Máis de 300 alumnos e músicos de 14 concellos distintos, 11 postos de traballo, unha chea de actividades ó longo do ano, algunhas delas practicamente únicas, ou cando

 Continua

CANDIDATURAS Á XUNTA DIRECTIVA DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

Transcorrido o prazo de presentación de candidaturas para facerse cargo da Xunta Directiva da A. C. Música e Cultura de Galicia, pomos no coñecemento de tódolos socios, músicos, autoridades e amigos da nosa agrupación, que a única candidatura presentada é a seguinte:

CANDIDATURA Á XUNTA DIRECTIVA DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA:

 Continua

XIX XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA
XIX XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA

Organizadas pola Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia e a Asociación Xuvenil Xoves Amigos.

PROGRAMA:

 Continua

Bases do XIX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

Bases do XIX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

As asociacións Música e Cultura de Galicia e Xoves Amigos do Concello, convocan o XIX Certame Literario de Piñor na especialidade de contos.   

1.- Establécense catro categorías, premiándose os dous mellores relatos en cada unha delas. -Categoría A, para participantes de 18 a 30 anos. -Categoría B, para participantes de 14 a 17 anos . -Categoría C, para participantes de 10 a 13 anos. –Categoría D, para participantes ata 9 anos.   

2.- Cada premio constará dun diploma, diversos agasallos e un lote de libros. Ademais entregaranse cheques ós gañadores por importe de 590 euros, repartidos do seguinte xeito: 1ºA: 200€. 2ºA: 100€. 1ºB:100€. 2ºB: 50€. 1ºC: 60€. 2ºC: 30€. 1ºD: 30€. 2ºD: 20€.  3- Os contos estarán escritos en galego e a extensión e temática dos mesmos serán

 Continua

NORMAS PARA A ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA A.C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

NORMAS PARA A ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA A.C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA :

a) O prazo de presentación de candidaturas transcorrerá dende o 17 de marzo ata ó 16 de abril de 2010.

b) Cada candidatura presentarase nun escrito, no prazo indicado no punto anterior, que se entregará ó actual presidente da asociación, quen lle estenderá ó socio que a presente un “recibín” acreditativo de que a candidatura foi correctamente recibida.

c) Cada candidatura deberá conter un mínimo de cinco socios e un máximo de quince.

d) A votación das candidaturas levarase a cabo o sábado, 24 de abril, durante a asemblea xeral de socios, que terá lugar no salón de actos do Centro Integrado de Formación Profesional da Farixa dende as 20:00 h.

e) Poderán votar:
-En primeiro lugar, aquelas persoas que ostenten a condición de socios ordinarios de carácter anual e que teñan pagada a cota do 2010.
-En segundo lugar, os alumnos e alumnas do curso 2009/2010 que teñan o pago das súas cotas da escola de música ó día, podendo eles mesmos exerce-lo dereito ó voto no caso de seren maiores de idade; ou un dos seus pais ou titores, no caso dos alumnos menores de idade.

 Continua

ASEMBLEA XERAL DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
ASEMBLEA XERAL DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

(Sábado, 24 de abril de 2010, ás 20:00 h. no salón de actos do Centro Integrado da Formación Profesional da Farixa).

ORDE DO DÍA:
 Continua

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL 2009 NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL 2009 NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

Sr. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, D. Jesús Vázquez;

Sr. Presidente da Deputación, D. José Luís Baltar;

Sr. Vicepresidente do Parlamento de Galicia, D. José Manuel Baltar;

Sr. Rosendo Fernández, deputado do Parlamento de Galicia;

Sres. Alcaldes, tenentes de alcalde e concelleiros presentes nesta velada de exaltación da cultura que o pobo leva a cabo a través das súas manifestacións máis fecundas, diversas e próximas, que no son outras que as xurdidas das agrupacións de índole social, como a que hoxe ten o gusto de recibilos neste magnífico teatro;

 Continua

FESTIVAL DE NADAL NO TEATRO PRINCIPAL DA CIDADE DE OURENSE

O domingo, 20 de decembro de 2009, dende as 20:00 h., terá lugar no Teatro Principal de Ourense o tradicional festival de Nadal das diferentes seccións musicais da escola provincial de música da nosa entidade cultural.

 Continua

LOTERÍA DE NADAL

Informamos a todos os nosos socios que na A. C. MUSICA E CULTURA DE GALICIA xogamos 80 euros do número 49.627 no sorteo de Nadal do 22 de decembro de 2009 e que os gaiteiros da A. X. XOVES AMIGOS DO CONCELLO xogan outros 40 euros do mesmo número.

 Continua

ESCRITO DO 23/10/09 REXISTRADO NO CONCELLO DE BARBADÁS

ESCRITO DO 23/10/09 REXISTRADO NO CONCELLO DE BARBADÁS

Sr. Alcalde do Ilmo. Concello de Barbadás:

JUSTO CALVIÑO CRUZ, con DNI nº 34.926.342-Z, EXPÓN que onte, xoves, 22 de outubro de 2009, pola tarde, atopei no buzón de correos varias cartas desde Concello dirixidas ás asociacións nas que ostento algunha representación ou cargo. As mesmas teñen data de saída do Concello o 19 de outubro, mais foron entregadas ós seus destinatarios na data arriba indicada.

Que o mesmo lle ocorreu a algunhas outras asociacións do municipio, como por exemplo á Asociación de Veciños da Valenzá, Asociación Xuvenil Xoves Amigos e outras.

Que no contido da carta municipal se lles indica ás asociacións que deberán presentar no Concello a memoria de actividades antes do 23 de outubro, de cara a seren incluídas no orzamento do Concello para o ano 2010. Este prazo constitúe unha auténtica aberración administrativa ou un descoido inadmisible, posto que non se lles deixa ás

 Continua

NOVAS ESPECIALIDADES NA NOSA ESCOLA DE MÚSICA DA FARIXA

NOVAS ESPECIALIDADES NA NOSA ESCOLA DE MÚSICA DA FARIXA

Informámosvos de que na escola de música da Farixa, ademais das diversas especialidades que xa vimos ofertando dende o pasado curso, -música e movemento, linguaxe musical, frauta, óboe, clarinete, fagot, saxofón, trompeta, gaita, trompa, trombón, bombardino, tuba, pandeireta, guitarra clásica, percusión, majorettes, cantareiras, etc., contamos no presente curso tamén con guitarra e baixo eléctrico, así como con canto tradicional e pandeireta para nenos de 4 a 8 anos.

 Continua

SEGUNDA FESTA DA MÚSICA POPULAR

SEGUNDA FESTA DA MÚSICA POPULAR

O domingo, 27 de setembro de 2009, organizada pola asociación Música e Cultura de Galicia, levarase a cabo no Campo de Roma de San Lourenzo de Piñor, dende as 19:30 h., a Segunda Festa da Música Popular, que nesta ocasión contará coa participación dun grupo de cantareiras de Ourense, a banda das escolas de gaitas de Piñor e Baños de Molgas e a banda das escolas de música da Farixa e San Cibrao das Viñas.

 Continua

CONCERTO NA PARAXE NATURAL DA BOUTUREIRA

CONCERTO NA PARAXE NATURAL DA BOUTUREIRA

Música e Cultura de Galicia participará coa súa banda de música o domingo, 20 de setembro, nun festival que co gallo do programa Vai de Camiño 2009, terá lugar na Boutureira de San Cibrao das Viñas, a partires das 16: 30 horas.

 Continua

UN NOVO CURSO NA ESCOLA DE MÚSICA

UN NOVO CURSO NA ESCOLA DE MÚSICA

A asociación Música e Cultura de Galicia comeza mañá venres, 11 de setembro, as clases e actividades da súa escola de música, que de novo neste curso se situará nas instalacións do Instituto de Ensino Secundario da Farixa de Ourense.

Os alumnos poderán aprender a tocar ou perfeccionar calquera dos diversos

 Continua

Xunta Directiva do 1 de setembro de 2009.

Resumo da reunión da Xunta Directiva do 1 de setembro de 2009.

 Continua

Escrito de desacordo ó Conselleiro de Cultura e Turismo

Excmo. Sr. Conselleiro de Cultura e Turismo (D. Roberto Varela) San Caetano S/Nº 15781 - Santiago de Compostela.

 Continua

Certamen Internacional de Bandas de Música "Ciudad de Valencia"
COMPOSICIÓN DEL JURADO
 Continua

Certamen Internacional de Bandas de Música "Ciudad de Valencia"
SECCIÓN SEGUNDA - Domingo 5 de julio

Obra Obligada: “Centenari” de José Salvador González Moreno (Obra de encargo).

Bandas participantes y programa
 Continua

GAÑADORES DO XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR
O xurado da XVIII edición do Certame Literario de Piñor  , outorgou os seguintes premios: 
 Continua

1º Concerto das XVIII Xornadas de Exaltación
Concerto na Colexiata de Xunqueira de Ambía 10 de Maio de 2009
 Continua

RESUMO DA ASAMBLEA 2009 DA A. C. MUSICA E CULTURA DE GALICIA, celebrada o 18 de abril de 2009, no salón de actos do IES da Farixa.

RESUMO DA ASAMBLEA 2009 DA A. C. MUSICA E CULTURA DE GALICIA, celebrada o 18 de abril de 2009, no salón de actos do IES da Farixa

 Continua

XVIII XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA.

ACTUACIÓNS NAS XVIII XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA.

-Domingo, 10 de Maio de 2009, ás 18h., na Colexiata de Xunqueira de Ambía

-Martes, 12 de Maio de 2009, ás 20h., na Asociación de Veciños San Pío X de Mariñamansa

-Domingo, 17 de maio de 2009, ás 19h., no Teatro Principal de Ourense:

 Continua

PRÓXIMAS REUNIÓNS

PRÓXIMAS REUNIÓNS

*Sábado, 21 de marzo de 2009, ás 20:00 h., na sala de profesores da Escola de Música, reunión da Xunta Directiva da A.C. Música e Cultura de Galicia.

*Sábado, 18 de abril de 2009, ás 20:00 h. no salón de actos da Escola de Música, asamblea de socios da A.C. Música e Cultura de Galicia.

 Continua

Bases do XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR
Bases do XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR As asociacións Música e Cultura de Galicia e Xoves Amigos do Concello, convocan o XVIII Certame Literario de Piñor na especialidade de contos.
 Continua

CRÓNICA DO CONCERTO DE NADAL 2008

CRÓNICA DO CONCERTO DE NADAL 2008   Na tarde do sábado, 13 de decembro, nun Teatro Principal totalmente abarrotado, Música e Cultura de Galicia levou a cabo unha magnífica mostra musical do traballo que realizou durante o ano 2008 nas instalacións do IES da Farixa de Ourense.

 Continua

Participaremos no CXXIII Certame internacional de bandas de música “Ciudad de Valencia”.

Participaremos no CXXIII Certame internacional de bandas de música “Ciudad de Valencia”. A banda de música do concello de Barbadás, da asociación cultural Música e Cultura de Galicia, participará xunto con outros 23 colectivos musicais europeos, no prestixioso certame de bandas de música que organiza o Concello de Valencia e que no presente ano chega a súa 123 edición. ¡Case nada!

 Continua

O camiño de Santiago - Juan Gonzalo Gómez Deval
O camiño de Santiago - Juan Gonzalo Gómez Deval Videos da Banda de Música do concello de Barbadás no Auditorio de Galicia durante o I certamen Autonómico de Bandas de Música.
 Continua

Video da Banda de Música no Auditorio de Galicia
Banda de Música do Concello de Barbadás interpretando o pasodoble Pérez Barceló no auditorio de Galicia en Novembro de 2007
 Continua

PROGRAMA DO CONCERTO DE NADAL (TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE, SÁBADO 13 DE DECEMBRO DE 2008, ÁS 20.00 H).
CONCERTO DE NADAL (TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE, SÁBADO 13 DE DECEMBRO DE 2008, ÁS 20.00 H).

PROGRAMA:

 Continua

Concerto de Nadal no Teatro Principal de Ourense

CONCERTO DE NADAL NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE A Asociación Música e Cultura de Galicia levará a cabo o sábado, 13 de decembro de 2008, ás 20.00 h, no Teatro Principal da cidade de Ourense, un festival de inverno no que actuarán o grupo de música e movemento da escola, a banda de gaitas Frouma, o grupo de guitarras Cordas Bravas, as cantareiras da asociación, a banda de educandos da escola e a banda de música do concello de Barbadás.

 Continua

1ª FERIA DE LA HALLACA
1ª FERIA DE LA HALLACA

Organizada por la asociación ourensana venezolana Alma Llanera, tendrá lugar el próximo domingo, 16 de noviembre, en O Pereiro de Aguiar, la 1ª feria de la Hallaca; evento gastronómico musical que contará con
 Continua

JORNADAS INTERCULTURALES

JORNADAS INTERCULTURALES

La Asociación Ourensa Venezolana "Alma Llanera" nos informa, que el Concello de Ourense a traves de la Concejalia de Bienestar Social, ha organizado del 21 al 24 de este mes las primeras "Xornadas Interculturais" en la Plaza Mayor, con el objetivo de dar a conocer las diversas culturas que conviven en la ciudad de Ourense.

Las jornadas contarán con la participacion de las asociaciones y representantes en

 Continua

II FESTA DA VECIÑANZA (A VALENZÁ 2008)
II FESTA DA VECIÑANZA (A VALENZÁ 2008)

*Sábado, 18/10/2008

-Campionato de dardos na cafetería Kibú.
Información na citada cafetería.

-Campionato de subastado na cafetería Meigas.
Información na citada cafetería.

*Domingo, 19/10/2008

-Xantar de confraternidade veciñal, no patio cuberto
do Colexio Filomena Dato, ás 14:30 h. (empanada,
polbo á feira, carne ó caldeiro, bica, pan e viño do
país, refrescos e café). Por xentileza da Deputación de
Ourense, o xantar estará amenizado pola Charanga
dos Escachapeitos e a Banda de Gaitas Frouma. 
Dende as 18:30 horas, baile popular, de entrada libre
e gratuíta, amenizado pola afamada orquestra Capitol.

 Continua

I FESTA DA MÚSICA POPULAR
I FESTA DA MÚSICA POPULAR

SÁBADO, 18 DE OUTUBRO DE 2008
CAMPO DE ROMA
SAN LOURENZO DE PIÑOR
 Continua

REINICIO DA ESCOLA DE MÚSICA NA FARIXA

Mañá venres, 19 de setembro, reiniciámo-las clases do curso 2008. Boa sorte a profesores e alumnos, para que as clases sexan moi fructíferas.

Para tódalas persoas interesadas, aínda quedan prazas por cubrir en case tódalas disciplinas.

 Continua

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA “HOMENAXE A FELISINDO PÉREZ SEARA”.

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA “HOMENAXE A FELISINDO PÉREZ SEARA”.

Queridos directivos de Música e Cultura de Galicia, músicos das bandas de Ribadumia e Barbadás, amigas e amigos asistentes a este concerto, estamos hoxe aquí, nesta ampla, acolledora e fermosa igrexa de San Pío X, para render homenaxe tanto á memoria de Felisindo Pérez Seara, falecido no pasado ano,como á música das bandas populares, que el tanto apreciaba e polas que tanto traballou.

 Continua

FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA “HOMENAXE A FELISINDO PÉREZ SEARA”.
FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA “HOMENAXE A FELISINDO PÉREZ SEARA”.

O próximo domingo, 14 de setembro, ás 20 h., na igrexa de San Pío X de Mariñamansa (Ourense), organizado pola Asociación Música e Cultura de Galicia, terá lugar un concerto a cargo da Agrupación Músico - Cultural de Ribadumia e da Banda de Música do concello de Barbadás.

Este concerto está dedicado á memoria de D. Felisindo Pérez Seara, músico, director e compositor falecido no pasado ano. Ó longo da súa traxectoria musical, don Felisindo
 Continua

ESCOLA DE MÚSICA NA FARIXA

ESCOLA DE MÚSICA NA FARIXA   

O venres, 19 de setembro de 2008, iniciaremos o último cuadrimestre do curso provincial que estamos a levar a cabo dende xaneiro no Instituto de Ensino Secundario “A Farixa” de Ourense, co patrocinio da Excma. Deputación Provincial de Ourense e a colaboración da Delegación Provincial da Excma. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.  

Dada a característica de matrícula constantemente aberta para este curso e o feito de existiren prazas aínda en todas as especialidades, as inscricións nas diversas materias

 Continua

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal