Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con Anecdotas e un poco de Humor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente actualizado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
O REI DAVID ERA MOI BO MÚSICO
anecdotario

O REI DAVID ERA MOI BO MÚSICO

David, fillo de Ixaí e bisneto de Rut, a moabita, ascendeu de ser pegureiro en Belén a rei de Israel, que baixo o seu mandato se converteu nun reino rico e poderoso. Cóntase que era intelixente, ben parecido e que ademais estaba protexido por Deus. No folclore xudeu, o rei David é eloxiado máis pola súa extraordinaria habilidade musical e poética, así como pola autoría dos Salmos, que por vencer heroicamente a Goliat e outros inimigos do seu pobo. A harpa de David facía a música máis fermosa que se tivera escoitado. Tíñaa sempre á súa beira, agás pola noite que a colgaba preto da xanela da súa habitación. No medio da noite o vento do norte sopraba nas súas cordas, creando unha melodía emocionante e inesquecible. Estes marabillosos sons musicais espertaban ó rei e, se estaba inspirado pola divindade, comezaba a escribir. Palabras elocuentes, fluían sen esforzo da súa pluma, cando escribía os poemas que son coñecidos como os Salmos de David.


Escrito por Justo, el Lunes, 17 de Enero 2011
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal