Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con Anecdotas e un poco de Humor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente actualizado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
ESPELINDO A MEMORIA
anecdotario

ESPELINDO A MEMORIA

Recollemos nesta apartado cachos de artigos, entrevistas, etc., que foron publicados en libros, traballos, revistas ou diarios de fai anos e que pola súa importancia e incluso ás veces, rabiosa actualidade, decidimos reproducir novamente na nosa web.

As frases que figuran a continuación foron entresacadas dun artigo realizado polo historiador Xosé Benito Reza e publicado na Voz de Galicia, o venres, 11 de agosto do 2000, baixo o título de “Os músicos de sempre”.

“Son os músicos unha caste de xente singular pola que o pobo sempre amosou respecto e cariño especial. É xente que traballa cando os demais andamos no folión, que saen do pobo o domingo pola mañá cedo amparados no silencio que precede á misa de oito; e chegan coa noite avanzada, co run-run do autobús tardío espallando verbas miúdas e sombras fuxidías polas rúas do pobo embrullado en sonos.

Din que as bandas esmorecen, que só a afición e o cariño polo instrumento son quen de mantelos na digna profesión. Pero con todo son eles, os músicos, os portadores dunha rara saiva que nace e medra no pobo e para o pobo, que se transmite con fruición entre as xentes, porque as bandas están hoxe cheas de rapaces e raparigas novas, porque son o crisol onde funde a amizade e a xenerosidade coa ciencia antiga dos devanceiros desveada sen nocturnidades ao pobo novo; e por elo son merecedores tanto do noso respecto e admiración, como do noso apoio e protección”.


Escrito por Justo, el Viernes, 30 de Julio 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal