Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con Anecdotas e un poco de Humor.

Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente actualizado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
UN EXAME DE MÚSICA
anecdotario

UN EXAME DE MÚSICA

Enviado por un profesor de ESO. Son as respostas a un exame de música de verdade

- Pregunta 1: A orquestra: definición, esquema de distribución dos instrumentos e criterio de colocación destes.
- Resposta: A orquestra é cando se xunta moita xente para toca-la música. Os instrumentos colócanse uns diante e outros detrás e iso depende do tamaño, por exemplo a gaita colócase sempre adiante.

- Pregunta 2: Características xerais da música barroca.
- Resposta: Creo que hai un erro ou despiste nesta pregunta, pois paréceme que vostede quixo preguntar sobre a música marroca. Vou contestar a iso. É a música dos que viven en Marrocos, que é moi importante porque xa a tocaban os mouros cando viñeron a España de conquista.

- Pregunta 3:Beethoven.
- Resposta: Era un señor xordo que compuxo a letra do Himno da alegría de Miguel Ríos, pero cando a fixo non era rock. Daba moitos concertos na época de Franco e fixo tamén “Para Luíse” que non ten parangón na historia da musica.

- Pregunta 4: Vocabulario musical. Define barítono, tenor, soprano, sinfonía, adagio, allegro.
- Resposta:
- barítono: é o que leva a variña, ou sexa o que dirixe ós outros.
- tenor: é un cantante como Plácido Domingo
- soprano: é o que toca o instrumento máis grande, polo que ten que soprar
moito.
- sinfonía: é o que tocan as orquestras.
- allegro: é o que cantan os músicos cando están contentos.
- adagio: esto non o trae o libro. ¿De ónde o quitou?

- Pregunta 5: Brevemente comenta as características musicais dos teus músicos ou compositores favoritos.
- Resposta: A min gústame todo tipo de música, tanto a vella, como a de agora. Da vella, por exemplo, gústame Carmiña Furada; e da nova prefiro Mecano, os Burros e Allatola no me toques la pirola (con perdón), pero polo xeral gústanme tamén outros moitos máis.


Nota: O alumno protestou iradamente porque pese a todo suspendérono.





Escrito por Justo, el Viernes, 30 de Julio 2010
Regreso
Print this Page

Enviar a un amigo

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal