A A. C. Música e Cultura de Galicia é unha agrupación dedicada  exclusivamente a crear, transmitir e promociona-la cultura., que conta na súa organización con socios, músicos e alumnos de catorce concellos da Comunidade Autónoma Galega. 
A nosa escola provincial de música comprende as disciplinas de  linguaxe musical, música e movemento, práctica instrumental nas especialidades de frauta, óboe, clarinete, fagot, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, guitarra, gaita e pandeireta.
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
Na escola realizamos tamén diversas actividades de conxunto que abarcan grupos de cámara, guitarras, majorettes, charangas, cantareiras, coro infantil, así como bandas de gaitas, de educandos e de música. As clases e ensaios lévanse a cabo os venres, de 16  a  22 h., e os sábados, de 9  a 14 e de 16,30  a 20 h. no Centro de Formación Profesional da Farixa. Nos últimos anos, a nosa escola conta co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
 
As clases e actividades van dirixidas a tódolos interesados en iniciarse na música e a todos aqueles que tendo xa experiencia na práctica instrumental queiran integrarse na dinámica e estructura de Música e Cultura de Galicia.Como una extensión da escola de música que temos na Farixa, tódolos xoves, dende as 19 h., estamos impartindo clases de música tradicional no local social da Asociación de Veciños da Valenzá. 
 

Tódolos anos, realizamos numerosas actuacións por numerosos lugares da Península Ibérica a cargo dos diferentes colectivos musicais que compoñen a asociación. Atendemos festivais, certames, cerimonias, festas e compromisos de Organismos Públicos, especialmente os da Excma. Deputación Provincial de Ourense, que é a entidade pública que colabora connosco en maior grao.Levamos a cabo así mesmo as xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia, que constitúen sen dúbida un importante fito cultural en Galicia, dentro do ámbito da infancia e da xuventude, pois participan nelas numerosos rapaces de colexios, institutos e asociacións da nosa Terra. Cando fai 19 anos iniciamos estas xornadas, constituíron un proceso cultural totalmente innovador dentro da programación cultural galega, dado que non se viña facendo nada similar con esas franxas de idade.  Da importante difusión da cultura galega que teñen estas xornadas, fala por si só o importante número de centros educativos, asociacións e participantes de tódolos cantos de Galicia, que teñen intervido tanto literaria como musicalmente, durante 19 anos, nestes actos, ostentando por exemplo na súa nómina de premiados, o Certame Literario de Piñor, que forma parte deste programa, diferentes gañadores das catro provincias galegas. Ademais, trátase dun certame, que promove claramente a lingua galega, ó non permitir traballos a competición noutras linguas.    

Nos tres últimos anos creamos, organizamos e levamos a cabo na localidade de San Lourenzo de Piñor, na honra da música popular, unha  festa, como un xeito de exaltación da música que dende os tempos antigos máis se achega ás xentes do pobo, sen distinción de capas sociais, nin do seu grao de coñecemento musical. O programa enmárcase nun festival de entrada libre e gratuíta, no que participan bandas de gaitas, cantareiras, grupos de danza e bandas de música.   

No Teatro Principal de Ourense, a finais de decembro, nos últimos anos, vimos celebrando un festival de Nadal no que participan numerosos colectivos da nosa Escola de Música. Este festival é masivamente seguido polo público ourensá.

 Ó longo doa no no seo da A. C. Música e Cultura de Galicia organízanse  e lévanse   a cabo unha serie de actividades culturais e sociais non recollidas nos apartados anteriores pero que enriquecen grandemente  a vida da agrupación, como poden ser cursos, excursións, xornadas, conferencias, etc.

 A Xunta Directiva de la A. C. Música e Cultura de Galicia, está presidida por Justo Calviño Cruz, ostentando a vicepresidencia, Antonio Currás Menor; a secretaría, José Manuel Dopazo Grande e a tesourería, Iria Calviño García. Compoñen o resto da directiva: Orentino Santos Outomuro, Manuel González González, Juan Carlos Pérez Paz, Almudena Varela Sabucedo, María Concepción Borrajo Iglesias, Diego Pérez Fernández, José Miguel Grande Dopazo, Noemí Blanco Souto, María del Carmen Fernández Alvárez, Tito Marcos Vázquez e David M. Rodríguez.

Clases de socios:   

1.- Son socios/alumnos todos os que reciben clases na nosa escola de música de linguaxe musical, música e movemento, canto ou de algún instrumento musical.    

2.- Son socios ordinarios:

 -Todas aquelas persoas e entidades colaboradoras ou protectoras da nosa entidade.

 -As majorettes da nosa asociación.

 -Os músicos pertencentes ós grupos da nosa asociación, que sen embargo non reciben clases na nosa escola de música.

 -Os traballadores da nosa asociación.

A importancia dos socios ordinarios é grande, pois contribúen á solvencia económica da asociación, danlle vida e dinamismo á mesma, aportan as súas ideas e iniciativas, teñen voz e voto na asemblea e poden formar parte da xunta directiva.

 
 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal