Música e Cultura de Galicia comezou no mes de xaneiro de 2008 unha nova escola de música nas instalacións do Centro de Formación Profesional da Farixa da cidade de Ourense.
Esta escola comprende as especialidades de linguaxe musical, música e movemento, práctica instrumental de frauta, óboe, clarinete, fagot, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, guitarra clásica, guitarra e baixo eléctricos, gaita e pandeireta. Esta escola de música conta co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
As clases e actividades que nela se levan a cabo teñen carácter provincial e van dirixidas a tódolos interesados en iniciarse na música e a todos aqueles que tendo xa experiencia na práctica instrumental queiran integrarse na dinámica e estructura de Música e Cultura de Galicia.
O curso que conta con once profesores e a dirección de José Manuel Dopazo Grande, vai dirixido moi especialmente ós veciños e rapaces da cidade de Ourense, así como dos concellos limítrofes.
Cada curso celebra en xuño e decembro uns festivais no Teatro Principal de Ourense, nos que se leva a cabo unha mostra do traballo realizado polos alumnos e colectivos musicais da nosa escola. Todas aquelas persoas interesadas en recibir clase ou ensaiar nos diferentes grupos musicais desta asociación, poderán informarse os venres pola tarde e os sábados pola mañá no citado centro da Farixa (Ourense).